Máquina virtual
Nalgúns exercicios utilizaremos como infraestrutura unha máquina virtual de VirtualBox.
A máquina terá un Debian 13 sen interface gráfica.
Descargar OVACaracterísticas
Usuarios
Credenciais:
- Usuario:
debian - Contrasinal:
abc123.
O usuario debian pode executar comandos como usuario administrador utilizando root. Ademais, pode accederse mediante SSH a través de contrasinal.
Software
A máquina ten instalada o seguinte software:
- Servidor SSH
- Git
- Docker
Configuración de rede
A máquina virtual ten dous adaptadores:
- Un Adaptador NAT, que nos proporcionará acceso a red.
- Un Adaptador Solo Anfitrión, que nos permitirá conectarnos a esta a través de SSH dende o noso equipo. Ten unha IP fixa
192.168.56.56
Unha vez arrancada a máquina e iniciada a sesión, podes executar o seguinte comando para verificar todas as interfaces de rede:
ip a
Na saída do comando débense mostrar un total de 4 interfaces: lo, enps03, enps08 e docker0.
Saída de comando
1: lo: <LOOPBACK,UP,LOWER_UP> mtu 65536 qdisc noqueue state UNKNOWN group default qlen 1000
link/loopback 00:00:00:00:00:00 brd 00:00:00:00:00:00
inet 127.0.0.1/8 scope host lo
valid_lft forever preferred_lft forever
inet6 ::1/128 scope host noprefixroute
valid_lft forever preferred_lft forever
2: enp0s3: <BROADCAST,MULTICAST,UP,LOWER_UP> mtu 1500 qdisc fq_codel state UP group default qlen 1000
link/ether 08:00:27:30:24:a9 brd ff:ff:ff:ff:ff:ff
altname enx0800273024a9
inet 10.0.2.15/24 brd 10.0.2.255 scope global dynamic noprefixroute enp0s3
valid_lft 82837sec preferred_lft 72037sec
inet6 fd17:625c:f037:2:a00:27ff:fe30:24a9/64 scope global dynamic mngtmpaddr proto kernel_ra
valid_lft 86058sec preferred_lft 14058sec
inet6 fd17:625c:f037:2:be43:bfcd:e94f:9fe4/64 scope global dynamic mngtmpaddr noprefixroute
valid_lft 86058sec preferred_lft 14058sec
inet6 fe80::d3e5:bdd3:2e5e:fd94/64 scope link
valid_lft forever preferred_lft forever
3: enp0s8: <BROADCAST,MULTICAST,UP,LOWER_UP> mtu 1500 qdisc fq_codel state UP group default qlen 1000
link/ether 08:00:27:66:7b:36 brd ff:ff:ff:ff:ff:ff
altname enx080027667b36
inet 192.168.56.56/24 brd 192.168.56.255 scope global enp0s8
valid_lft forever preferred_lft forever
inet6 fe80::a00:27ff:fe66:7b36/64 scope link proto kernel_ll
valid_lft forever preferred_lft forever
4: docker0: <NO-CARRIER,BROADCAST,MULTICAST,UP> mtu 1500 qdisc noqueue state DOWN group default
link/ether 9a:69:f9:ed:79:11 brd ff:ff:ff:ff:ff:ff
inet 172.17.0.1/16 brd 172.17.255.255 scope global docker0
valid_lft forever preferred_lft forever
Conexión remota SSH
En lugar de traballar directamente desde a propia máquina, utilizaremos SSH a través de Visual Studio Code para conectarnos remotamente. Deste xeito, traballaremos do mesmo xeito que o fariamos no propio equipo, pero sen realizar ningunha modificación de software neste.
SSH (Secure Shell) é un protocolo que permite acceder de forma segura e cifrada a outro equipo a través dunha rede, normalmente para administración remota.
Para conectarte por SSH a outro equipo necesitas:
- IP ou nome do servidor destino.
- Un usuario válido no sistema remoto.
- O servizo SSH debe estar activo no destino.
- O porto TCP. Por defecto, o
22.
O comando SSH básico para conectarse remotamente a un equipo con IP e contrasinal é:
ssh debian@192.168.56.56
Na primeira conexión, verás algo como:
The authenticity of host 'localhost (192.168.56.56)' can't be established.
ED25519 key fingerprint is SHA256:IZrkMvOfQ/yswE1vDtsUfmg437EoORlCkCKqQuJc8CI.
This key is not known by any other names.
Responde yes. Isto engade a pegada dixital do servidor ao ficheiro ~/.ssh/known_hosts do teu sistema, para futuras conexións.
Modificar o nome da máquina
Para modificar o nome dunha máquina Debian, executa o seguinte comando:
sudo nano /etc/hostname
Isto abre o editor nano, escribe nese ficheiro o novo nome. Prerme ao finalizar Ctrl + X e por último S para aceptar os cambios.
Reiniciamos a máquina:
sudo reboot