Unidade 2. Despregue no contorno de desenvolvemento.
Nesta unidade centrarémonos no despregue nun contorno de desenvolvemento.
- Comezaremos por ver os diferentes tipos de contornos que existen do desenvolvemento en posta en produción dunha aplicación web.
- A continuación, trataremos como realizar o despregue no contorno de desenvolvemento. Este proporcionaranos as ferramentas adecuadas para o desenvolvemento dunha aplicación web.
- Por último, veremos o concepto de CI/CD e aplicarémolo aos nosos proxectos, sobre todo, para a realización de probas automatizadas.