Saltar al contenido principal

Avaliación

Nota dunha avaliación

A nota de cada avaliación consistirá na media ponderada das notas obtidas en todas as unidades impartidas e finalizadas ata ese momento.

Os pesos das diferentes unidades son os seguintes:

#Unidade didácticaPesoAvaliación
01Arquitecturas web.13%1
02Despregue no contorno de desenvolvemento.13%1
03Servizo DNS.11%2
04Despregue en produción con servidores web.16%2
05Contedores.36%3
06Seguridade no despregue.11%3

Nota dunha unidade didáctica

A nota de cada unidade didáctica consistirá na puntuación obtida na parte do exame correspondente a esa unidade.

Sobre os exames

  • As datas de realización están fixadas no calendario de exames a distancia.
  • Consistirán nunha serie de preguntas teóricas e/ou exercicios prácticos.
  • As entregas realizaranse na plataforma de FP a distancia (aula virtual).
  • Notificarase para cada exame que recursos se poden empregar.
  • Non estará permitido copiar nin o uso de intelixencia artificial.
Importante

É importante coñecer o usuario e contrasinal de acceso á plataforma de FP a distancia para realizar os exames. O docente non ten acceso a eses datos.

Se se descoñecen as credenciais, non será posible realizar o exame.

Recuperación

As unidades suspensas recuperaranse no exame final.