Unidade 1. Arquitecturas web.
Nesta unidade trataremos os fundamentos das aplicacións web así como as súas arquitecturas.
- Comezaremos por tratar a arquitectura cliente-servidor, a cal se utiliza no protocolo HTTP.
- De seguido, veremos o protocolo HTTP e como é o seu funcionamento.
- A continuación investigaremos os compoñentes que forman parte das arquitecturas web que se utilizan na actualidade.
- Unha vez coñecidos os compoñentes, veremos as linguaxes de programación que se utilizan para o desenvolvemento das aplicacións web.
- Para finalizar, veremos como se relacionan so diferentes compoñentes para ver o funcionamento das arquitecturas web, e que linguaxes se utilizan en cada un destes compoñentes.