Práctica 101. Peticións e respostas HTTP con navegadores web
Nesta primeira práctica veremos como funcionan as peticións e as respostas HTTP utilizando as ferramentas de desenvolvemento que nos proporcionan os navegadores web.
Requisitos
- Mozilla Firefox.
- Conexión a Internet.
Apartado 1
Imos dar os primeiros pasos coas ferramentas para desenvolvedores de Firefox analizando unha petición HTTP a Google.
Realiza os seguintes pasos:
- Abre unha ventá privada de Firefox.
- Pulsa F12 para abrir as Herramientas para desarrolladores e vaite a lapela de
Red. - Pon na barra de direccións a seguinte URL:
google.es. - Acepta as cookies e actualiza de novo a páxina web.
- Agora nas Herramientas para desarrolladores terás todas as chamadas HTTP que se producen para cargar o recurso na URL
google.es. - Asegúrate que as chamadas HTTP están por orde cronolóxico e pincha na primeira chamada. Selecciona a lapela da información Cabeceras.
- Na información desta chamada, revisa os datos da cabeceira da petición HTTP activando a opción Sin procesar. Realiza unha captura.
Con esta información, contesta as seguintes cuestións:
- Que versión do protocolo de HTTP se utiliza?
- Que método HTTP se utiliza?
- Cal é o
pathdo recuso do que se fai a petición? - Cal é o
hostdo recurso do que se fai a petición? - Indica nunha táboa as variables que conteñen as
cookiesque se envían e para cada unha delas os seus respectivos valores.
Apartado 2
Agora selecciona os datos da cabeceira da resposta HTTP activando a opción Sin procesar. Realiza unha captura.
Con esta información, contesta as seguintes cuestións:
- Cal é o código da resposta HTTP?
- Que software están utilizando como servidor web?
- Cal é o tipo MIME do recurso que se envía no corpo da resposta?
Agora vaite á pestaña Respuesta. Activa a opción sen procesar. O contido que se nos mostra é o corpo da resposta. Realiza unha captura.
Apartado 3
Realiza os seguintes pasos:
- No filtro de chamadas HTTP, selecciona Imágenes.
- Pulsa nunha imaxe calquera. Selecciona lapela Cabeceras.
- Na información desta chamada, revisa os datos da cabeceira da petición HTTP activando a opción Sin procesar. Realiza unha captura.
Con esta información, contesta as seguintes cuestións:
- Que protocolo de HTTP se utiliza?
- Que método HTTP se utiliza?
- Cal é o
pathdo recuso do que se fai a petición? - Cal é o
hostdo recurso do que se fai a petición?
Apartado 4
Agora selecciona os datos da cabeceira da resposta HTTP activando a opción Sin procesar. Realiza unha captura.
Con esta información, contesta as seguintes cuestións:
- Cal é o código da resposta HTTP?
- Que software están utilizando como servidor web?
- Cal é o tipo MIME do recurso que se envía no corpo da resposta?
Apartado 5
Realiza os seguintes pasos:
- Desactiva o filtro Imágenes e activa o filtro JS para ver os ficheiros JavaScript que se enviaron.
- Ordena as peticións por orde de tamaño de maior a menor.
- Selecciona o ficheiro con máis tamaño e revisa o contido deste onde se poida observar o proceso de minimización. Realiza unha captura.