Integración Continua (CI)
Integración Continua (CI) é unha práctica de desenvolvemento que consiste en fusionar con frecuencia (idealmente varias veces ao día) o código de todos os programadores nun repositorio común (por exemplo, Git).
Cada integración dispara un proceso automático que fai verificacións no código novo como poden ser as seguintes:
- Compila correctamente (se é necesario).
- Pasa as probas automáticas.
- Cumpre normas de estilo e calidade.
- Non rompe funcionalidades existentes.
Vexamos un exemplo:
- Un programador fai cambios e envía un
commitao repositorio remoto (por exemplo, GitHub ou GitLab). - O sistema de CI (por exemplo, GitHub Actions ou GitLab CI) detecta o cambio.
- Iníciase un
pipelinede integración, que pode incluír:- Linting (verificación de estilo de código).
- Tests unitarios.
- Tests de integración.
- Análise estática de código.
- Compilación ou empaquetado.
- Envíase unha notificación:
- Se todo está ben, avísase de que a integración foi correcta.
- Se algo falla, avísase dos erros a corrixir.