Saltar al contenido principal

Google Colab

Google Colab é unha plataforma gratuíta de Google que permite escribir e executar código Python directamente no navegador, sen necesidade de instalar nada no teu ordenador.

Características

  • Execución na nube: Os notebooks corren en máquinas virtuais de Google, polo que non precisas recursos locais potentes.
  • Baseado en Jupyter Notebooks: Podes crear documentos con código, texto, imaxes, fórmulas e gráficos todo xunto.
  • Acceso a GPU/TPU: Podes usar aceleradores para tarefas de machine learning e intelixencia artificial.
  • Integración con Google Drive: Gardas e compartes facilmente os teus proxectos.
  • Colaboración en tempo real: Varios usuarios poden editar o mesmo notebook simultaneamente.
  • Soporte para instalación de librarías: Podes instalar paquetes con pip directamente desde o notebook.

Uso

  • Utiliza varias celas de código para separar as diferentes partes do código.
  • Introduce celas de texto para explicar o que estás facendo. Recorda que podes utilizar Markdown.
  • Para imprimir datos, non utilices print(). Unicamente escribe o nome da variable que desexas imprimir nunha cela de código. A cela na que indiques a variable que queiras imprimir non debe incluir máis código.