cURL
cURL é unha ferramenta de liña de comandos e tamén unha libraría (libcurl) usada para facer peticións a través de protocolos de rede, principalmente HTTP(s). A palabra cURL vén de Client URL. Permite enviar ou recibir datos desde/ata servidores mediante protocolos como:
HTTP,HTTPS,FTP,SFTP,SMTP, entre moitos outros.- Funciona desde a terminal ou scripts, sen necesidade dun navegador.
Permite entre outras moitas cousas:
- Descargar páxinas web ou ficheiros.
- Enviar datos a un servidor (formularios, JSON, autenticación, etc.).
- Probar APIs REST (semellante a Postman, pero por consola).
- Automatizar interaccións con servizos web.
- Depurar solicitudes HTTP.