Arquitectura web 1.0
A Web 1.0 compoñíase de páxinas que eran estáticas e os usuarios non podían interactuar con elas. Isto significa que o código fonte do sitio web era fixo. É dicir, unha vez creado, non variaba. Neste caso o número de páxinas web é fixo.
Un sitio web estático está composto por ficheiros HTML individuais por cada páxina que son xerados e presentados ao usuario a través do navegador. Non son tan complexos tecnicamente como un sitio web dinámico.
En resumo, na web 1.0. verás a mesma información, deseño e contido cada vez que a visites, a menos que os programadores web apliquen cambios ao código fonte de xeito manual.
Arquitectura web 1.0 simple

No diagrama anterior descríbese o funcionamento dun sitio Web 1.0, que utiliza contido estático:
- O usuario a través de un navegador web, ingresa unha URL para realizar unha petición HTTP.
- Envíase unha petición HTTP ao porto 80 (ou 443 se se utiliza o protocolo HTTPS) do servidor web da URL solicitando un recurso. O servidor redirixe a petición a un servidor web.
- O servizo web busca no sistema de ficheiros o recurso solicitado, xeralmente un ficheiro HTML.
- O servidor web envía unha resposta HTTP ao navegador solicitante co correspondente ficheiro HTML no corpo da resposta.
- O navegador web renderiza o ficheiro HTML e mostra o seu resultado ao usuario.
Formato URL
Unha URL segue o seguinte formato:
[protocolo]://[dirección_servidor_web]:[porto]/[recurso]
protocolo: indica o protocolo utilizado. Estes poden serhttpouhttps.dirección_servidor_web: é a IP ou nome do servidor web onde se encontra o sitio web.porto: é opcional. Se se utiliza o protocolo HTTP utilizarase o porto 80 para realizar a petición ao servidor, e se é HTTPS enviarase a información o porto 443. Se o servidor está escoitando noutro porto diferente podemos indicalo.recurso: indicamos o ficheiro do servidor que solicitamos utilizando a súa ruta relativa. Se en lugar dun ficheiro concreto indicamos un directorio, o servidor devolverá o ficheiro de nomeindex.hmtlcontido en dito directorio.
Arquitectura web 1.0 con elementos enlazados
Os ficheiros HTML poden conter elementos enlazados (imaxes, videos, scripts de Javascript, ficheiros CSS, etc.). Vamos ver como é o funcionamento cando hai elementos enlazados:

Neste exemplo o documento HTML tan só contén un elemento enlazado. Este é unha imaxe que se aloxa no mesmo servidor:
- O usuario a través de un navegador web, ingresa unha URL para realizar unha petición HTTP.
- Envíase a petición HTTP ao porto 80 (ou 443 se se utiliza o protocolo HTTPS) do servidor web da URL solicitando un recurso. O servidor redirixe a petición a un servidor web.
- O servizo web busca no sistema de ficheiros o recurso solicitado, xeralmente un ficheiro HTML.
- O servidor web envía mediante unha resposta HTTP o ficheiro HTML ao cliente que realizou a petición.
- O navegador web comeza a renderizar o ficheiro HTML. Segundo vai renderizando irá pedindo os elementos enlazados que contén o ficheiro HTML.
- O navegador web realiza unha petición HTTP solicitando a imaxe enlazada no documento HTML recibido.
- O servidor web recolle no sistema de ficheiros o ficheiro solicitado.
- O servidor web envía unha resposta HTTP achegando a imaxe solicitada.
- O navegador web remata de renderizar a páxina web mostrando o elemento enlazado no seu correspondente lugar.
Os elementos enlazados poden estar no mesmo servidor que o ficheiro HTML que o solicita ou pode estar nun servidor diferente. Neste último caso o navegador web realizará a petición o correspondente servidor.