Saltar al contenido principal

GitLab CI/CD

GitLab CI/CD é unha funcionalidade moi potente de GitLab para automatizar tarefas como probar, construír e despregar o teu código.

Os elementos principais desta tecnoloxía son:

  • .gitlab-ci.yml: É o ficheiro principal onde defines que facer en cada etapa (build, test, deploy…). Debe estar na raíz do repositorio. Debe estar en formato yaml.
  • Pipeline: é o conxunto de etapas e tarefas (stages e jobs) que se executan automaticamente cada vez que fas un cambio no código (push, merge, etc.).
    • stages: Son fases das que consta o pipeline e que se executan en orde na que se definen.
    • jobs: (ou tarefa) é unha unidade individual de traballo que se executa no pipeline. Cada job describe un conxunto de comandos que GitLab debe executar, normalmente nun runner.
  • Runners: Son máquinas (ou contedores) que executan os jobs definidos no .gitlab-ci.yml. GitLab ofrece runners compartidos, ou podes configurar un runner privado.
  • Triggers e condicións: Podes facer que jobs só se executen se se fai push a unha rama concreta (only, except, rules) por exemplo.