Saltar al contenido principal

Contornos

Nun proceso de desenvolvemento web, os contornos representan os diferentes escenarios nos que unha aplicación é creada, probada e finalmente publicada. Cada un cumpre unha función específica dentro do ciclo de vida do software. Os dous principais contornos son:

  • Contorno de desenvolvemento
  • Contorno de produción

Cada contorno axuda a garantir que o produto final sexa estable, funcional e de calidade antes de chegar ao público. A separación clara entre eles tamén facilita a detección de erros e a súa resolución.

O despregue (deployment) pode realizarse en cada un dos contornos, segundo o obxectivo do despregue. O despregue final prodúcese no contorno de produción, pero tamén hai despregues previos nos contornos de desenvolvemento e staging durante o proceso de creación e proba da aplicación.