Contorno de probas
O contorno de probas (testing environment) é un espazo específico destinado a verificar que a aplicación funciona correctamente antes de avanzar cara ao contorno de staging ou produción. Aquí céntrase a atención en avaliar a calidade do software, máis que en desenvolvelo ou entregalo a usuarios finais.
Características principais do contorno de probas:
- Validación do código: utilízase para realizar probas funcionais, probas unitarias, de integración, de rendemento ou de seguridade.
- Probas automatizadas: normalmente intégrase con sistemas de integración continua (CI) que executan probas automaticamente cada vez que se realiza un cambio no código.
- Datos controlados: adoita utilizar unha base de datos con datos de proba ou ficticios, reproducindo casos reais pero sen comprometer información sensible.
O despregue neste contorno adoita realizarse de xeito automático a través dun sistema de integración e entrega continua (CI/CD), como Jenkins, GitLab CI/CD, etc.
Este proceso xeralmente é o seguinte:
- Cada vez que se actualiza o código no repositorio (por exemplo, ao facer un
pushoumerge), lánzase o despregue automaticamente. - Tras o despregue, lánzanse as probas automatizadas e, se pasan correctamente, considérase que o código está listo para pasar ao seguinte contorno.
Este contorno está separado de produción para evitar que os erros afecten aos usuarios reais.