Contorno de desenvolvemento
O contorno de desenvolvemento (development environment) é o primeiro paso no ciclo de vida dunha aplicación web. É onde os programadores traballan de forma activa para escribir, modificar e probar o código fonte.
As características principais do contorno de desenvolvemento:
- Ferramentas de desenvolvemento: normalmente inclúe editores de código (como VS Code), servidores locais (como Apache), xestores de dependencias (
npm,Composer,pip, etc.) e sistemas de control de versións (Git). - Probas locais: permite probar funcionalidades de maneira inmediata despois de facer cambios no código, sen afectar outros desenvolvedores ou usuarios.
- Actualizacións constantes: o código cambia con frecuencia, xa que está en plena fase de construción.
- Bases de datos de desenvolvemento: normalmente contémplase unha copia da base de datos ou unha base simulada con datos ficticios.
O despregue neste contorno é dos máis sinxelos e adoita facerse de forma manual ou automática (utilizando contedores). Non implica moita complexidade nin seguridade.
Nos equipos de desenvolvemento máis grandes, pode haber un servidor de desenvolvemento común onde se desprega código para facer probas conxuntas.