Saltar al contenido principal

named.conf

O ficheiro /etc/bind/named.conf é o ficheiro de configuración principal de BIND. O ficheiro recibe o nome do servizo de BIND: named. Este servizo é o que procesa todas as consultas DNS, transferencia de zona e a caché.

O contido do ficheiro despois da instalación de BIND é o seguinte:

// This is the primary configuration file for the BIND DNS server named.
//
// Please read /usr/share/doc/bind9/README.Debian.gz for information on the
// structure of BIND configuration files in Debian, *BEFORE* you customize
// this configuration file.
//
// If you are just adding zones, please do that in /etc/bind/named.conf.local

include "/etc/bind/named.conf.options";
include "/etc/bind/named.conf.local";
include "/etc/bind/named.conf.default-zones";

As liñas que comezan coa palabra clave include especifican que os ficheiros indicados a continuación da palabra clave deben ser incluídos no ficheiro named.conf. Por exemplo, collamos a seguinte liña:

include "/etc/bind/named.conf.options";

A liña seleccionada inclúe o contido do ficheiro /etc/bind/named.conf.options dentro de /etc/bind/named.conf. A efectos prácticos, é como se o contido dos ficheiros fose copiado en named.conf na orde na cal aparecen mencionados. Poderíase dicir que o ficheiro named.conf está formado por tres ficheiros.

Comentarios

As liñas que comezan por dúas barras diagonais (//) son comentarios. Os comentarios son textos que axudan ao administrador comprender os ficheiros de configuración, pero que son ignorados por BIND.

Sintaxe

É importante respectar a sintaxe para non obter errores:

  • Utilizar un punto e coma (;) ao final de cada instrución.
  • Utilizar comiñas (") para encerrar cadeas de texto como as rutas.