Tipos
Os sistemas de nomes pódense clasificar en dous tipos: planos e xerárquicos.
Sistemas de nomes planos
Trátase dunha asociación simple entre un nome e un valor. Os sistemas de nomes planos consisten nunha lista de asociacións, sendo cada unha delas un rexistro. Os rexistros non se organizan en categorías. Os nomes deben ser únicos xa que deben permitir identificar as máquinas de forma inequívoca.
Exemplos de sistemas de nomes planos nun ámbito externo á informática son:
- Lista telefónica: para cada nome dunha persoa ou empresa, obtemos un número de teléfono.
- Número do DNI: o número de DNI permite identificar unha persoa, pero ese número non indica ningunha información extra como, por exemplo, onde vive esa persoa.
Nas redes de equipos Windows que non traballan con dominio, úsase un sistema de nomes plano denominado NetBIOS. Este sistema pode usarse cun servidor de nomes WINS. Neste sistema, determínase a pertenencia a subredes ou outras organizacións por calquera outra condición xerárquica.
Un exemplo de asociacións realizadas cun sistema de nomes planos como NetBIOS pode ser a seguinte:
| Nome do equipo | Dirección IP |
|---|---|
PC1 | 10.0.2.100 |
PC2 | 10.0.2.101 |
SERVER | 10.0.2.10 |
Un sistema de nomes plano non se pode usar en redes grandes como Internet, dado que non se pode repetir o nome de dous ordenadores na rede e sería difícil para os administradores buscar nomes que non se repitan. Por outra banda, a xestión do sistema de nomes planos debería estar totalmente centralizada.
Sistemas de nomes xerárquicos
Son aqueles nos cales existe unha xerarquía á hora de construir o nome completo dese ordenador. As xerarquías poden representarse en forma de árbore.
Exemplos de sistemas de nomes xerárquicos nun ámbito externo á informática son:
- Código postal: as dúas primeiras cifras fan referencia á provincia e o resto de números ás diferentes zonas desa provincia.
- Teléfonos fixos: o prefixo (os tres primeiros números) dun número de teléfono fixo fan referencia á provincia onde se sitúa ese teléfono.
En Internet úsase un sistema de nomes xerárquico para identificar ordenadores. Exemplo:
- O nome
drive.google.comindica que a máquinadrivepertencente ao dominiogoogle.com. - O nome
mail.google.comindica que a máquinamailtamén pertence ao dominiogoogle.com. - O nome
google.compertence ao dominio.com. O dominio.comé compartido por outros moitos dominios.

Cun sistema de nomes xerárquico (como o usado en Internet) pódense ter moitos ordenadores con nome mail sempre que pertenzan a diferentes organizacións ou dominios e a xestión dos nomes sexa distribuída, feito que co sistema de nomes planos non era posible.