Saltar al contenido principal

Contextos

Algunhas directivas, referidas conunmente coma contextos, agrupan a directivas especícas que se aplican a diferentes tipos de tráfico:

DirectivaDescrición
eventsProcesado xeral de conexións.
httpTráfico HTTP.
mailTráfico de correo electrónico.
streamTráfico TCP e UDP.

Calquera outra directiva fora destes contextos enténdeseque estará no contexto global.

Servidores virtuais

En cada contexto referente a manexos de tráfico, pódese incluír un ou máis bloques server para definir servidores virtuais que controlen o procesamento desas peticións. Esas directivas variarán dependendo do tipo de tráfico.

Para tráfico HTTP (contexto http), cada directiva server controla o procesamento das directivas para os recursos de dominios particulares ou de direccións IP. Un ou máis contextos location definirá como se procesa o conxunto de URIs.

Exemplo con múltiples contextos:

user nobody; # a directive in the 'main' context
events {
# configuration of connection processing
}

http {
# Configuration specific to HTTP and affecting all virtual servers

server {
# configuration of HTTP virtual server 1
location /one {
# configuration for processing URIs starting with '/one'
}
location /two {
# configuration for processing URIs starting with '/two'
}
}

server {
# configuration of HTTP virtual server 2
}
}

stream {
# Configuration specific to TCP/UDP and affecting all virtual servers
server {
# configuration of TCP virtual server 1
}
}

Un contexto fillo herda a configuración do pai, é dicir, as directivas especificadas no pai aplican tamén aos fillos. As directivas que se especifican nos fillos sobrescriben a configuración herdada do pai.

Contexto fillo

Un contexto fillo é calquera contexto contido dentro doutro contexto (ao cal chamamos pai).