.env
Un ficheiro .env (de environment) é un arquivo de texto plano no que se gardan variables de contorno. Estas variables definen configuracións que a túa aplicación precisa. A idea principal é non poñer datos sensibles directamente no código, senón cargalos desde este ficheiro cando se inicia a aplicación.
Nunha app web, especialmente cando traballas con bases de datos, sempre precisas información sensible como:
- O host da base de datos (p.ex.
localhost,db.example.com). - O porto (
5432en PostgreSQL,3306en MySQL, etc.). - O nome da base de datos.
- O usuario e contrasinal para conectarse.