alias
Se combinamos múltiples location coa directiva root, esta fórzanos a ter unha estrutura idéntica á das URIs. Supoñamos o seguinte exemplo:
location /images/ {
root /var/www/example.com;
}
A configuración anterior implica que unha URL que comece por /images/ fará que NGINX busque en /var/www/example.com/images/ o recurso solicitado.
Se, por exemplo, o directorio en lugar de chamarse images se chamase media, teríamos que cambiar o nome do directorio images por media. Hai veces que iesto non é posible e aquí é onde podemos utilizar a directiva alias.
location /images/ {
alias /var/www/example.com/media;
}
Na configuración anterior, unha URL que comece por /images/ fará que NGINX busque en /var/www/example.com/media/ o recurso solicitado. Cando se recibe a URI, NGINX elimínalle a parte de /images/ (o que se indica en location) e concaténase á ruta indicada no alias. Por exemplo, se a URL é http://example.com/images/jpg/photo.jpg, o ficheiro recuperarase do directorio /var/www/example.com/media/jpg/photo.jpg. No caso de que se utilizase root en lugar de alias, o ficheiro recuperaríase do directorio /var/www/example.com/images/media/jpg/photo.jpg.