Arquitecturas web

Vivimos nun mundo cada vez máis conectado, onde a maior parte das aplicacións e servizos que usamos (dende redes sociais ata tendas en liña ou plataformas educativas) funcionan grazas á web. Pero que hai por detrás cando cargamos unha páxina ou usamos unha aplicación web?
Nesta unidade imos descubrir como están estruturadas as aplicacións web, é dicir, cal é a súa arquitectura. Veremos como se comunican os distintos compoñentes: o navegador (cliente), o servidor web, as APIs, e as bases de datos.
Entender estas arquitecturas é clave para deseñar e desenvolver aplicacións web modernas, escalables e seguras. Ao final da unidade, estarás en condicións de analizar, deseñar e valorar diferentes tipos de arquitectura segundo o tipo de proxecto.