JSON
JSON significa JavaScript Object Notation. É un formato lixeiro de intercambio de datos, fácil de ler e escribir para as persoas, e doado de procesar por máquinas.
Aínda que está baseado en JavaScript, JSON é compatible con case todas as linguaxes de programación, polo que se converteu nun estándar na web. O seu formato é similar aos dicionarios en Python, pero neste caso as claves deben de ser sempre cadeas de texto. Vexamos un exemplo:
{
"nome": "Manuel",
"idade": 36,
"estudante": true,
"linguas": ["galego", "castelán", "inglés"]
}
JSON é amplamente usado para comunicación entre cliente e servidor, especialmente en aplicacións web modernas. Algúns usos típicos:
- APIs web (REST): Os servidores envían datos ao cliente en formato JSON.
- Almacenamento de configuracións: Moitas aplicacións gardan axustes ou datos temporais en ficheiros
.json. - Comunicación entre linguaxes diferentes: Como JSON é un formato estándar, permite que un servidor feito en Python se comunique cun cliente feito en JavaScript, por exemplo.
- Bases de datos NoSQL: Algunhas bases de datos, como MongoDB, gardan os datos directamente en formato JSON (ou
BSON, que é unha versión binaria de JSON).