Saltar al contenido principal

Compoñentes arquitectura web

Cando accedemos a unha páxina web ou usamos unha aplicación en liña, poida parecer que todo ocorre “no navegador”, pero en realidade detrás desa acción hai varios compoñentes traballando en conxunto, comunicándose a través de Internet.

Neste apartado imos coñecer os principais elementos dunha arquitectura web, cada un cun papel clave no funcionamento da aplicación.

Cada compoñente cumpre unha función específica, pero todos están interconectados formando unha arquitectura distribuída, onde o intercambio de datos é constante e a coordinación é esencial para garantir unha experiencia fluída, rápida e segura para o usuario final.