Saltar al contenido principal

Navegadores web

Un navegador web é a aplicación que permite o acceso ao servizo web, polo tanto funciona como a aplicación cliente do servizo web. A funcionalidade básica dun navegador é permitir a visualización de documentos, xeralmente HTML, comunmente denominados páxinas web. Correspóndese coa capa de presentación dunha aplicación web. Cun navegador web interactúan os usuarios para poder facer uso dunha aplicación web.

Os navegadores contan cun motor de renderizado que é o responsable de interpretar e mostrar o contido HTML, CSS e JavaScript dun sitio web.

Algúns dos navegadores web máis utilizados son:

Google Chrome

Google Chrome é navegador web de código cerrado e gratuíto desenvolvido por Google pero derivado de proxectos de código aberto como Chromium. Esta é un proxecto que serve como base para crear navegadores web. O motor de renderizado que utiliza é Blink. A primeira versión publicouse en 2008.

Mozilla Firefox

Mozilla Firefox é un navegador gratuíto e de código libre coordinado pola Fundación Mozilla. Utiliza o motor Gecko para renderizar as páxinas web. A súa primeira versión data do ano 2002.

Opera

Opera é un navegador web gratuíto que utiliza o motor de renderizado Blink. O ano do seu lanzamento foi o 1995, polo que é un dos máis veteranos.

Microsoft Edge

Microsoft Edge é un navegador web de Microsoft baseado actualmente en Chromium. A súa primeira versión baseada en Chromium foi no ano 2008. Este navegador é o sucesor pola parte de Microsoft de Internet Explorer.

Ferramentas para programadores

As ferramentas para desenvolvedores (devtools) viven dentro dun navegador web nun ventá. Para acceder a eles temos que:

  • Google Chrome: Más herramientas -> Herramientas del desarrollador
  • Mozilla Firefox: Más herramientas -> Herramientas para desarrolladores
  • Opera: Desarrollador -> Herramientas para desarrolladores

Algunhas das ferramentas máis importantes que nos proporcionan son:

  • Inspector: explorador de DOM e editor CSS: xeralmente ábrese como ferramenta predeterminada das ferramentas para desenvolvedores. Esta ferramenta mostra como se o HTML na túa páxina en tempo de execución, así como que CSS se aplica a cada elemento da páxina. Tamén permite modificar no momento o HTML e CSS e velos resultados dos cambios en vivo na ventá do navegador.
  • Depurador de JavaScript: permite observar o valor das variables e establecer puntos de interrupción, lugares no código nos que se desexa parar a execución e identificar os problemas que impiden que o teu código se execute de xeito correcto.
  • Consola de JavaScript: esta consola é unha ferramenta útil para depurar código JavaScript que non funciona de xeito correcto. Permite executar instrucións de JavaScript na páxina actualmente cargada no navegador e informa dos erros encontrados cando o navegador intenta executar o código.
  • Rede: serve para analizar e monitorizar todas as conexións e solicitudes de rede que realiza unha páxina web cando se carga ou mentres está activa:
    • Ver todas as solicitudes que fai a páxina: arquivos HTML, CSS, JavaScript, imaxes, fontes, chamadas a APIs, etc.
    • Podes ver canto tarda en cargarse cada recurso (tempo de resposta, descarga, etc.)
    • Tanto as cabeceiras da solicitude (Request headers) como da resposta (Response headers).
    • Podes limitar a velocidade da rede (3G, offline, etc.) para ver como se comporta a web en diferentes condicións.