Saltar al contenido principal

Bases de datos

Un Sistema Xestor de Bases de Datos permite integrar as bases de datos nas aplicacións web, o que nos permitirá o almacenamento de información nas mesmas. Para isto se precisa unha interface que consiste nunha páxina web dinámica na que se escribe o código necesario nunha linguaxe apropiada para realizar a conexión, extraer a información, interactuar con ela e formatala adecuadamente para a súa visualización por parte dun navegador.

Bases de datos SQL

As bases de datos SQL son tradicionalmente as máis empregadas. Dentro desta categoría podemos atopar, entre outros, o seguinte software.

MySQL

MySQL é un SXBD baixo licenza dual: licenza comercial ofrecida por Oracle pero ao mesmo tempo parte do seu código é de código aberto. Isto deriva en que existe unha versión gratuíta e outra de pago.

MariaDB

MariaDB: SXBD derivado de MySQL baixo licenza GPL. Xorde tras a compra de MySQL por parte de Sun Microsystems, empresa que foi comprada posteriormente por Oracle.

PostgreSQL

PostgreSQL: SXBD de código aberto.

Oracle Database

Oracle Database: SXBD privativo desenvolvido por parte de Oracle. Domina o mercado de servidores de base de datos empresariais.

Microsoft SQL Server

Microsoft SQL Server: SXBD privativo desenvolvido por Microsoft. Tradicionalmente só funcionaba en sistemas operativos Windows, aínda que actualmente tamén se pode utilizar baixo distribucións Linux.

Bases de datos NoSQL

Na actualidade, o uso de base de datos NoSQL está aumentando.

MongoDB

MongoDB é actualmente a máis utilizada fora dos SXBD SQL e de código aberto. De entre as diferentes categorías existentes nas base de datos NoSQL, esta é unha base de datos baseada en documentos. Estes documentos son estruturas de datos BSON, unha especificación similar a JSON.

Neste enlace podemos encontrar un ranking de SXBD máis utilizados na actualidade: https://db-engines.com/en/ranking