Saltar al contenido principal

Modelo TCP/IP

As capas do modelo TCP/IP son as seguintes:

Capa de enlace

Os protocolos desta capa só actúan na rede ao que esta conectado un dispositivo. É a capa máis baixa do modelo. As direccións que se utilizan nesta capa son as direccións MAC.

Capa de Internet

Esta capa proporciónanos a procedemento para poder conectar dous dispositivos en redes diferentes. Os protocolos utilizados actualmente nesta capa son o IPv4 e IPv6.

Capa de transporte

Esta capa proporciona a posibilidade controlar erros, segmentar información, controlar o fluxo e controlala conxestión. Os protocolos máis utilizados son:

  • TCP: orientada a conexión.
  • UDP: non orientado a conexión. Este é un protocolo non confiable debido a que non detecta erros na transmisión.

O direccionamento que se utiliza nesta capa son os portos. Un mesmo número de porto TCP ou UDP, son portos diferentes. Por exemplo o porto 80 TCP é diferente o porto 80 UDP.

Ademais esta capa serve para que a información que chega a un dispositivo se redirixa a aplicación destino. É dicir, proporciona unha ponte entre o sistema operativo e as aplicacións. Cando unha aplicación desexa recibir información a través dunha rede, a aplicación solicita un determinado porto de escoita ao sistema operativo. A aplicación pode indicarlle ao sistema operativo un porto específico ou un porto que non estea utilizando ningunha outra aplicación. Se o porto solicitado xa está sendo utilizado por outra aplicación, o sistema operativo indícalle a aplicación que non lle pode proporcionar ese porto debido a que por cada porto só pode ser utilizado por unha aplicación.

Cando unha aplicación solicita un porto para recibir información, dise que a aplicación está escoitando no porto X. Xeralmente cando unha aplicación desexa enviar información por unha rede, tamén lle pide un porto para escoitar o sistema operativo. Este porto utilízao para que o destino poida responder. Neste caso o sistema operativo indica un porto libre calquera.

Capa de aplicación

Inclúe os protocolos de aplicacións para servizos de rede. Para cada servizo existen un ou varios protocolos que proporcionan a funcionalidade de cada servizo. Os protocolos implantase en diferentes aplicacións, e polo tanto en última instancia son estas as que ofrecen servizos.

Cada un destes protocolos define os portos TCP e UDP que utilizan. Deste xeito calquera dispositivo que desexa utilizar un destes servizos non ten que coñecer o porto de escoita, xa que este é estándar.

Ademais cada protocolo establece unha arquitectura de rede. Existen basicamente dúas arquitecturas diferentes.

  • A arquitectura cliente-servidor.
  • A arquitectura peer-to-peer (P2P).