Saltar al contenido principal

Proceso de despregue no contorno de desenvolvemento

O despregue nun contorno de desenvolvemento é unha fase fundamental no ciclo de vida dunha aplicación, xa que permite implantar, probar, validar e documentar funcionalidades antes de que cheguen a produción.

  • Veremos Gitflow, unha estratexia que permite xestionar ramas de traballo de forma estruturada, facilitando o desenvolvemento colaborativo e a integración continua utilizando o control de versións Git.
  • A documentación xoga un papel clave en calquera proxecto, polo que exploraremos Markdown, unha sintaxe lixeira e sinxela que permite escribir documentación clara, organizada e lexible, ideal para repositorios de código.
  • Abordaremos tamén o uso de xestores de paquetes como npm e Composer que automatizan a instalación e actualización de dependencias, mellorando a reproducibilidade e o mantemento dos proxectos.
  • Outro aspecto esencial serán as migracións de bases de datos, que permiten versionar e aplicar cambios estruturais de forma controlada, mantendo a coherencia entre diferentes contornos.
  • Finalmente, trataremos os servidores web de desenvolvemento, que simulan o funcionamento da aplicación nun ambiente local, facilitando as probas e o desenvolvemento continuo.