Migracións de base de datos
Unha migración de base de datos é un proceso controlado para crear, modificar ou eliminar estruturas dunha base de datos (como táboas, columnas, índices, etc.) a través de código.
O obxectivo principal é permitir que os cambios na estrutura da base de datos (tamén chamada "esquema") se realicen de forma versionada, reproducible e segura, tanto en desenvolvemento como en produción.
Eses cambios nas estruturas poden ser:
- Crear ou eliminar táboas.
- Engadir ou modificar columnas.
- Definir claves primarias, foráneas e índices.
- Cambiar tipos de datos ou restricións.
Existen diferentes ferramentas de migración segundo a linguaxe e framework:
| Linguaxe | Framework | Ferramenta de migración |
|---|---|---|
| PHP | Laravel | artisan migrate |
| Python | Django | python manage.py makemigrations / migrate |
| JavaScript | Prism | npx prisma migrate dev --name a_migracion |
Algunhas das vantaxes:
- Versionado do esquema: podes saber que versión da estrutura está implantada.
- Despregue controlado: aplicar os mesmos cambios en todos os contornos.
- Reversibilidade: moitas ferramentas permiten facer rollback (rebobinar).
- Automatización: intégrase facilmente en scripts de despregue continuo (CI/CD).