Saltar al contenido principal

Documentación: Markdown

Markdown é unha linguaxe de marcado lixeira e sinxela que se usa para formatear texto. Permite engadir estilos como títulos, listas, ligazóns ou código de maneira rápida, usando só texto plano.

Foi creada por John Gruber e ten como obxectivo que os textos sexan fáciles de ler no seu formato orixinal e doadamente convertibles a HTML.

Markdown úsase moito en:

  • Documentación de proxectos (README.md en GitHub, GitLab…).
  • Blogs e páxinas web estáticas.
  • Xestores de contido como Jekyll, Hugo ou Obsidian.
  • Notas persoais ou artigos técnicos.
  • Aplicacións como Notion ou Stack Overflow.

Elementos básicos de Markdown

Aquí tes algúns exemplos sinxelos:

Títulos

# Título 1
## Título 2
### Título 3
#### Título 4
##### Título 5

Listas ordenadas

1. Primeiro
2. Segundo

Listas non ordenadas

- Elemento 1
- Elemento 2

Enlaces

[Texto da ligazón](https://exemplo.com)

Imaxes

![Texto alternativo](https://url-da-imaxe.com/imaxe.jpg)

Bloque de código

```javascript  
console.log("Ola mundo");
```

Estilos de texto

  • Negriña: **texto**: texto
  • Cursiva: *texto*: texto