Servidores web de desenvolvemento
Un servidor web de desenvolvemento é unha ferramenta que permite executar aplicacións web nun contorno local, simulando o comportamento dun servidor en produción. Isto facilita o proceso de desenvolvemento, xa que os cambios poden probarse de forma inmediata sen necesidade de despregar a unha máquina remota.
É recomendable utilizar estes servidores no contorno de desenvolvemento debido a:
- Probas rápidas e seguras: Permite ver o resultado dos cambios de código en tempo real.
- Sen risco: Non afecta o contorno de produción, polo que se poden facer experimentos ou cambios importantes sen consecuencias graves.
- Axuda ao debugging: Os servidores de desenvolvemento adoitan ter activadas opcións como o log de erros, que facilita atopar e corrixir problemas.
Dependendo da tecnoloxía que empregues, podes atopar diferentes opcións. Por exemplo, para JavaScript/Node.js, ferramentas como Vite ou Next.js inclúen servidores integrados.
Servidor web de desenvolvemento en PHP
PHP conta cun servidor web embebido que permite lanzar aplicacións de forma sinxela e sen necesidade de instalar software adicional. Este servidor está dispoñible desde PHP 5.4 e resulta moi útil para desenvolvemento local.
Basta cunha orde no terminal, situada no directorio raíz do proxecto:
php -S localhost:8000
Esta orde inicia un servidor local que serve os arquivos PHP na dirección http://localhost:8000.
Servidor web de desenvolvemento en Node.js
Para arrancar un servidor web de xeito rápidio con Node.js, executaremos calquera dos seguintes comandos no directorio raíz do proxecto:
npx serve
npx http-server .
Servidor web de desenvolvemento en Python
Para arrancar un servidor web da mesma maneira que en PHP ou Node.js, executaremos calquera o seguinte comando no directorio raíz do proxecto:
python -m http.server