Saltar al contenido principal

Solución de problemas

A gran maioría dos problemas de BIND teñen a súa orixe nunha mala configuración. Como BIND basea a súa configuración en ficheiros, debemos revisar os ficheiros que modificamos para corrixir os problemas.

Antes de consultar a solución aos problemas que se presentan nesta páxina, revisa esta lista para comprobar se te esqueciches dalgún paso:

  • O modo IPv4 está activado. Pódese comprobar executando systemctl status named ou revisando o ficheiro /etc/default/named.
  • DNSSEC está desactivado. A opción atópase no ficheiro /etc/bind/named.conf.options.
  • Os ficheiros de zona creados non conteñen ningún error. Pódese utilizar o comando sudo named-checkconf para realizar a comprobación.
  • Nunha zona inversa, revisar que o dominio ARPA se definíu correctamente.
  • BIND reiniciado despois de aplicar os cambios.
  • Os ficheiros hosts dos sistemas operativos clientes (aqueles desde onde realizas as consultas DNS) só conteñen as entradas que viñan coa instalación do sistema operativo.
  • Non se produciu ningún error despois de reiniciar BIND.
  • As máquinas virtuais teñen acceso a Internet e ao resto de máquinas virtuais.
  • As direccións IP das máquinas virtuais son correctas.