Saltar al contenido principal

O nome de dominio configurado non se resolve

Para que se poida resolver un dominio, é necesario realizar dous pasos:

  • Crear o ficheiro de zona cos rexistros DNS. Por exemplo, /etc/bind/zones/db.ubuntuserver.es.
  • Definir a zona no ficheiro /etc/bind/named.conf.local. Neste ficheiro débese indicar, entre outros datos, cal é a ruta absoluta do ficheiro de zona creado.

Despois de realizar os pasos anteriores é necesario reiniciar o servizo de BIND:

$ sudo systemctl restart named

Para comprobar que non se producíu ningún error, é necesario executar o seguinte comando:

$ sudo systemctl status named

Se hai algún error nos ficheiros de configuración, aparecerán mostrados na saída do comando. Por exemplo:

$ systemctl status named
● named.service - BIND Domain Name Server
Loaded: loaded (/lib/systemd/system/named.service; enabled; vendor preset: enabled)
Active: active (running) since Tue 2021-02-02 19:36:13 CET; 1s ago
Docs: man:named(8)
Main PID: 29256 (named)
Tasks: 8 (limit: 4615)
Memory: 27.4M
CGroup: /system.slice/named.service
└─29256 /usr/sbin/named -f -4 -u bind

feb 02 19:36:14 vm2-us named[29256]: zone 0.in-addr.arpa/IN: loaded serial 1
feb 02 19:36:14 vm2-us named[29256]: zone 0.1.10.in-addr.arpa/IN: loading from master file /etc/bind/zone/db.0.1.10 failed: file not found
feb 02 19:36:14 vm2-us named[29256]: zone 0.1.10.in-addr.arpa/IN: not loaded due to errors.
feb 02 19:36:14 vm2-us named[29256]: zone localhost/IN: loaded serial 2
feb 02 19:36:14 vm2-us named[29256]: zone ubuntuserver.es/IN: loading from master file /etc/bind/zone/db.ubuntuserver.es failed: file not found
feb 02 19:36:14 vm2-us named[29256]: zone ubuntuserver.es/IN: not loaded due to errors.
feb 02 19:36:14 vm2-us named[29256]: zone 127.in-addr.arpa/IN: loaded serial 1
feb 02 19:36:14 vm2-us named[29256]: zone 255.in-addr.arpa/IN: loaded serial 1
feb 02 19:36:14 vm2-us named[29256]: all zones loaded
feb 02 19:36:14 vm2-us named[29256]: running

Na saída do comando anterior, resáltanse as liñas que mostran un error. Podemos ver que hai dous errores: un para a zona 0.1.10.in-addr.arpa e outro para a zona ubuntuserver.es. En ambos casos estase dicindo que non se atopou o ficheiro de zona. Ao non atopalos, BIND non pode cargalos. Teríamos que revisar, polo tanto, as rutas indicadas no ficheiro /etc/bind/named.conf.local. Corrixiríamos as rutas, reiniciaríamos o servidor e volveríamos a comprobar.