Saltar al contenido principal

Despois de aplicar os cambios no servidor DNS, o nome de dominio non se resolve correctamente

Pode ser por varios motivos:

  • No equipo cliente, non temos o servidor DNS configurado correctamente. Teríamos que modificar a configuración de rede. En Ubuntu Desktop é necesario desactivar e volver a activar a interface de rede para que se apliquen os cambios.
  • Non baleiramos a caché. Se estamos utilizando un navegador, debemos baleirar a caché do navegador tamén.
  • Se o anterior está ben, hai unha mala configuración no servidor DNS.