Práctica 303. Servidor DNS BIND
Nesta práctica imos crear o noso propio servidor DNS para poder engadir rexistros. A xestión farase completamente a través de terminal.
Requisitos
- VirtualBox.
- Máquina virtual DAPW.
- Mozilla Firefox.
- Conexión a Internet.
Apartado 1
Comezaremos instalando BIND e configurándoo para IPv4.
Realiza os seguintes pasos:
- Instala BIND.
- Configúrao no modo IPv4.
- Realiza captura do servizo funcionando.
Apartado 2
Agora imos crear os rexistros para unha zona e comprobar que realmente se aplicaron os cambios.
Realiza os seguintes pasos:
- Crea unha zona para o dominio
dapw.gal. Realiza captura do ficheiro. - Engade os seguintes rexistros para esa zona:
- NS: apunta a
dapw. - A: apunta a
dapw. - AAAA: apunta a
dapw. - MX: apunta a
dapw. - CNAME para os dominios
www.dapw.gal,mail.dapw.gal. - Realiza captura do ficheiro.
- NS: apunta a
- Configura o sistema operativo cliente para que utilice o servidor DNS configurado. Só debe empregar este. Realiza captura dos parámetros configurados.
- Desde o teu equipo, comproba con
pingenslookupque a resolución do dominio se realiza correctamente. Realiza captura das respostas.
Apartado 3
Por último, crearemos unha zona inversa. Este tipo de zonas son útiles, por exemplo, á hora de identificar servidores de correo electrónico.
Realiza os seguintes pasos:
- Crea unha zona inversa para
dapw.gal. Realiza captura do ficheiro. - Comproba con
nslookupque a resolución inversa se realiza correctamente. Realiza captura das respostas.
Servidores DNS cliente
Ao rematar a práctica, no equipo cliente, recorda volver poñer a configuración de servidores DNS anterior.