Práctica 304. Dominio real e propagación DNS
O tempo de propagación DNS refírese ao tempo que pasa desde que cambias ou engades un rexistro DNS ata que ese cambio se reflexa en todos os servidores DNS do mundo.
DNS funciona cun sistema de caché distribuído. Debido a isto, algúns servidores DNS verán o cambio de inmediato e outros poden tardar minutos ou horas.
Requisitos
- VirtualBox.
- Máquina virtual DAPW.
- Mozilla Firefox.
- desec.io.
- Conexión a Internet.
Apartado 1
Realiza os seguintes pasos:
- Accede á URL
https://desec.io. - Crea unha nova conta. Selecciona a opción Register a new domain under dedyn.io (dynDNS).

- Crea un dominio co nome que queiras.
- Vaite á bandexa do teu correo electrónico, deberías ter un email para verificar a conta en
desec.io. Pode ser que este correo vaia a Spam. Verifica a conta. - Como non tes contrasinal, tras verificar a conta, indica que se che envie un correo electrónico para introducir un novo contrasinal.
- Inicia sesión co correo electrónico e contrasinal. Deberás acceder o panel de administración de rexistros do teu dominio. Realiza capturas deste dashboard.
Apartado 2
Realiza os seguintes pasos:
- Vaite á xestión de rexistros en
desec.iodo teu dominio. - Introduce un rexistro
TXTde nomeprobaco valorprobando_propagacion. - Resolve este rexistro con
dig. Verás que aínda non obtés a resolución do nome de dominio. Realiza capturas da saída do comando. - Resolve este rexistro con
digpero utilizando o servidor DNS do rexistroNSdo teu dominio. Realiza capturas da saída do comando.
Apartado 3
Realiza os seguintes pasos:
- Accede á URL
dnschecker.org. - Introduce o rexistro do exercicio anterior e preme en
search. Realiza unha captura do mapa para que se mostre en que servidores se da resolto o rexistroTXT. - Cada certo tempo vai engadindo máis capturas (ao pasar uns minutos xa deberías ver que vai funcionando, pero poden pasar horas) e indica o día e a hora de cada captura, así como o tempo transcorrido. Pon a última captura cando todos os servidores DNS resolvan o rexistro.