Variables de configuración en Laravel
En Laravel, APP_ENV e APP_DEBUG son dúas variables de configuración fundamentais que controlan o comportamento da aplicación dependendo de onde se execute. Por outro lado, APP_KEY controla o cifrado da información.
APP_ENV
APP_ENV indica en que entorno está correndo a aplicación. Valores típicos:
local: Desenvolvemento local.production: Servidor en produción.staging: Preprodución.
Laravel pode cambiar configuracións automáticas segundo o entorno. Por exemplo, os logs, cache, ou certos servizos externos poden comportarse distinto en local e production.
APP_DEBUG
APP_DEBUG controla se Laravel mostra detalles completos dos erros ou non. Valores:
true: Mostrarstack trace, variables, e detalles completos do erro. Útil para desenvolvemento.false: Mostrar unha páxina de erro xeral (500, 404) sen filtrar información sensible. Obrigatorio en produción.
APP_KEY
APP_KEY é unha clave secreta de cifrado que Laravel utiliza para:
- Cifrar e descifrar datos sensibles (por exemplo, cookies e sesións cifradas).
- Protexer tokens e datos internos da aplicación.
- Garantir que a información cifrada non poida ser descifrada por terceiros.
Sen esta clave, Laravel non pode usar o sistema de cifrado
Non cambies APP_KEY nun proxecto en produción se xa tes datos cifrados (sesións, cookies), porque eses datos deixarán de ser válidos.