Saltar al contenido principal

Cachés Laravel

En Laravel, cando fas unha posta en produción, é moi habitual limpar as cachés. Isto faise porque Laravel garda moita información precompilada en ficheiros de caché para que a aplicación se execute máis rápido.

Se non os limpas, pode pasar que a aplicación quede con configuracións ou rutas vellas que non coinciden co novo código que acabas de despregar.

Se cambiasches algo en .env ou nalgún ficheiro de config/, tes que rexeneralo:

php artisan config:clear

Elimina toda a caché de Laravel:

php artisan cache:clear

Elimina as views renderizada con Blade gardadas en disco:

php artisan route:clear
php artisan view:clear