LAMP
LAMP é o acrónimo de Linux, Apache, MySQL e PHP. Nalgunhas ocasións o «P» tamén fai referencia a Perl ou Python.
Este acrónimo utilízase para facer referencia a un conxunto de tecnoloxías que se empregan para implementar un servidor web.
| Tecnoloxía | Descrición |
|---|---|
| Linux | Sistema operativo que soporta o resto de software. |
| Apache | Software que proporciona o servizo web. |
| MySQL | Sistema xestor de bases de datos. Permite gardar a información de forma permanente. |
| PHP | Linguaxe de programación orientada ao desenvolvemento web. Permite construír páxinas web dinámicas. |
No lugar de PHP poderíase empregar Perl ou Python. Ambas son linguaxes de programación, aínda que non enfocadas á web. É menos común o seu uso.