Despregue nun IaaS
Cando se fai a posta en produción dunha aplicación web empregando unha infraestrutura como servizo (IaaS), o que se fai é despregar a aplicación nunha máquina virtual proporcionada polo provedor na nube. Esa máquina actúa como se fose un servidor físico tradicional, só que está virtualizado e ti tés control sobre o sistema operativo e a configuración.
O proceso xeral sería algo así:
- Créase a máquina virtual.
- Elíxese o sistema operativo.
- Configúrase a rede para poder acceder desde fóra.
- Instálase nela todo o que precisa a aplicación para funcionar: o servidor web (como Nginx ou Apache), o runtime ou framework que se use (Node.js, Python, Java, PHP...) e as dependencias necesarias.
Unha vez preparada a contorna, cópiase ou descárgase o código da aplicación na máquina, configúranse as variables de entorno e o acceso á base de datos, e pónse a aplicación a executar de forma estable.
Finalmente, é importante ocuparse do mantemento: vixiar os logs, monitorizar recursos, aplicar actualizacións de seguridade e, se é necesario, escalar a infraestrutura engadindo máis máquinas ou balanceo de carga.