Saltar al contenido principal

Servidores virtuais

Non sempre podemos (ou é necesario) dispoñer dunha máquina física dedicada para cada aplicación web que queiramos aloxar.

Existe a posibilidade de albergar varias aplicacións web nun único equipo. Da mesma maneira que se poden crear máquinas virtuais nun equipo, tamén é posible aplicar a virtualización ao servizo web e crear servidores virtuais para cada un dos sitios web que queiramos aloxar nun equipo.

Denomínase aloxamento virtual á técnica que permite hospedar múltiples sitios web sobre un mesmo servidor web. Cada un deses sitios web recibe o nome de servidor virtual (Virtual Host).

Servidores virtuais baseados en IP

No aloxamento baseado en dirección IP (IP-based) cada servidor virtual debe ter asignada unha dirección IP diferente.

Servidores virtuais baseados en IP

Este método é o máis complexo, debido a que temos que ter varias interfaces no router: unha por cada dirección IP.

Exemplos de virtual hosts baseados en IP:

IPPortoNome
192.168.1.1080http://exemplo1.com
192.168.1.1180http://exemplo2.com
192.168.1.1280http://exemplo3.com

Podemos observar como a columna da IP vai variando. O dominio tamén o fai porque, neste caso, cada dominio ten asignada unha IP diferente.

Servidores virtuais baseados en porto

No aloxamento baseado en porto (port-based) cada servidor virtual ten asignado un porto TCP diferente.

Servidores virtuais baseados en porto

Non se emprega habitualmente porque o cliente debe coñecer o porto para acceder ao sitio web e introducilo manualmente no navegador web. Ademais, non adoita ser boa práctica empregar portos diferentes aos predeterminados dos servizos web (80 e 443).

Exemplos de virtual hosts baseados en porto TCP:

IPPortoNome
192.168.1.109000http://exemplo1.com
192.168.1.109001http://exemplo1.com
192.168.1.109002http://exemplo1.com

Podemos observar como a columna do porto é a que vai variando.

Servidores virtuais baseados en nome

No aloxamento baseado en nome (name-based) cada servidor virtual ten asignado un nome de dominio diferente.

Servidores virtuais baseados en nome

Este método é o máis sinxelo de empregar e o máis recomendable.

Exemplos de virtual hosts baseados en nome:

IPPortoNome
192.168.1.1080http://exemplo1.com
192.168.1.1080http://exemplo2.com
192.168.1.1080http://exemplo3.com

Podemos observar como a columna do nome de dominio é a que vai variando.