Práctica 104. Clientes REST
Nesta práctica revisaremos dous clientes REST: un deles en forma de extensión de VSC e outro como aplicación web.
Requisitos
- Mozilla Firefox.
- Visual Studio Code.
- Conexión a Internet.
Apartado 1
Neste apartado imos ver como empregar o cliente REST Thunder Client en Visual Studio Code.
Realiza os seguintes pasos:
- Abre Visual Studio Code e instala a extensión Thunder Client.
- Abre a extensión instalada no VSC.
- Preme en
New Request. - Observa que podes seleccionar un método HTTP e indicar a URL para realizar unha petición HTTP. Ademais, se pinchas na lapela
Headerspodes engadir e modificar cabeceiras. Na lapelabodypodes incluír contido no corpo como poderían ser datos dun formulario. - Realiza unha petición GET a
https://api.wallapop.com/api/v3/categories?context=searchpremendo no botónSend. - Na parte dereita podes observar os datos da resposta recibida. Realiza unha captura do contido do corpo da resposta HTTP recibida.
Apartado 2
Neste apartado imos ver como utilizar Hoppscotch.
Realiza os seguintes pasos:
- Abre a aplicación web de Hoppscotch.
- Preme en
Enviar. - No desplegable podes seleccionar calquera método HTTP e indicar a URL para realizar unha petición HTTP. Ademais, se pulsas na pestaña
Encabezados(headers) podes engadir e modificar cabeceiras. Na pestañaCorpo(body) podes incluír contido no corpo como poderían ser datos dun formulario. - Realiza unha petición POST a
https://echo.hoppscotch.ioseleccionando o método HTTP e pulsando no botónEnviar. - Na parte inferior podes observar os datos da resposta recibida. Realiza unha captura do contido do corpo da resposta HTTP recibida.
Apartado 3
Hoppscotch tamén permite realizar consultas GraphQL.
Realiza os seguintes pasos:
- Accede a GraphQL utilizando o menú lateral esquerdo.
- Pulsar en
Conectar. - Unha vez conectado, pulsa en
Request. Realiza unha captura da resposta GraphQL recibida. - Modifica a consulta GraphQL eliminando
methode observa como se modifica a resposta. Realiza unha captura da resposta.