Práctica 105. Descubrimento de microservizos
Nesta práctica utilizaremos un ficheiro HAR para intentar detectar os microservizos que utiliza Google na súa aplicación GMail.
Requisitos
- Mozilla Firefox.
- Visual Studio Code.
- Python.
- Conexión a Internet.
Apartado 1
Neste primeiro apartado imos conseguir un ficheiro HAR con información útil para analizar posteriormente.
Realiza os seguintes pasos:
- Abre unha ventá privada de Firefox.
- Pulsa F12 para abrir o Inspector e vaite a lapela de Red.
- Inicia sesión en GMail coa túa conta de Google.
- Unha vez na bandexa de entrada, actualiza de novo o navegador para reiniciar as chamadas HTTP.
- Preme na rodiña de axustes e preme en Guardar todo como HAR.
Apartado 2
Abre o ficheiro HAR cun editor de texto para investigar a súa estrutura.
Realiza un script en Python que realice o seguinte:
- Lea o ficheiro HAR descargado.
- Filtra todas as peticións que teñan como resposta o tipo MIME
application/json. - De todas as peticións filtradas, colle a URL da petición HTTP e almacena nunha lista todos os dominios diferentes aos que se fan peticións HTTP. Todas as URLs seguen a seguinte forma
https://dominio/path. - Garda nun ficheiro
dominios_google.txttodos os dominios atopados. Cada dominio irá nunha nova liña.
Apartado 3
Utiliza unha intelixencia artificial para pasarlle todos os dominios (cada dominio correspóndese xeralmente cun microservizo) e que indique nunha táboa que realiza cada un destes servizos.