Práctica 102. Peticións e respostas HTTP con Webhook.site
Nesta práctica veremos como funcionan as peticións e as respostas HTTP utilizando a aplicación Webhook.site.
Requisitos
- Mozilla Firefox.
- Visual Studio Code.
- Conexión a Internet.
Apartado 1
Crea un ficheiro formulario.html e copia nel o seguinte código HTML:
formulario.html
<!DOCTYPE html>
<html lang="gl">
<head>
<meta charset="UTF-8" />
<meta name="viewport" content="width=device-width, initial-scale=1" />
<title>Formulario</title>
<style>
body {
font-family: Arial, sans-serif;
padding: 2rem;
background-color: #f0f0f0;
}
form {
background: white;
padding: 1.5rem;
border-radius: 8px;
max-width: 400px;
margin: auto;
box-shadow: 0 2px 5px rgba(0, 0, 0, 0.1);
}
label {
display: block;
margin-top: 1rem;
font-weight: bold;
}
input[type='text'] {
width: 100%;
padding: 0.5rem;
margin-top: 0.5rem;
border: 1px solid #ccc;
border-radius: 4px;
}
button {
margin-top: 1.5rem;
padding: 0.75rem 1.5rem;
background-color: #007acc;
color: white;
border: none;
border-radius: 4px;
cursor: pointer;
}
button:hover {
background-color: #005fa3;
}
</style>
</head>
<body>
<form method="POST" action="PEGAR_AQUI_URL_WEBHOOK.SITE">
<label for="nome">Nome:</label>
<input type="text" id="nome" name="nome" required />
<label for="apelido">Apelido:</label>
<input type="text" id="apelido" name="apelido" required />
<button type="submit">Enviar</button>
</form>
</body>
</html>
Realiza os seguintes pasos:
- Vai a Webhook.site e copia a URL que se che dá despois do texto
Your unique URL. Non peches a web. - Abre
formulario.htmle pega a URL copiada no paso anterior no campoactiondo formulario. Garda os cambios e cerra o ficheiro.
Apartado 2
Realiza os seguintes pasos:
- Abre
formulario.htmlnunha ventá privada de Firefox e activa as Herramientas para desarrolladores na lapelaRed. - Actualiza a URL para que o documento volva a cargar.
- Pulsa no botón da papeleira para limpar as peticións HTTP que se mostran.
- Na rodiña de opcións, marca a opción
Registros persistentes. Deste xeito se enviamos unha nova petición a través do navegador, non se borran todas as peticións realizas como ata o momento. - Cubre os datos do formulario e preme en
Enviar. - Vaite á primeira petición que se mostra. Vaite á cabeceira da petición e activa a opción
Sin procesar. Realiza unha captura.
Responde ás seguintes preguntas coa información anterior:
- Que método HTTP se utiliza?
- Cal é o tipo MIME do contido e cal é o seu significado?
- Cal é o tamaño do corpo da petición?
Apartado 3
Agora temos unha nova lapela Solicitud na chamada HTTP. Nela podemos ver o contido enviado.
Realiza os seguintes pasos:
- Selecciona e activa a opción
Sin procesar. Aquí poderemos ver o contido que enviamos no formulario. Realiza unha captura. - Comproba a resposta HTTP e indica que tipo de contido MIME se envía.
- Volve á web Webhook.site. Realiza unha captura onde se vexan os datos enviados no formulario anterior.