Saltar al contenido principal

Práctica 202. Creando contorno de desenvolvemento para Node.js

Nesta práctica imos preparar un contorno de desenvolvemento para realizar aplicacións web en Node.js.


Requisitos


Apartado 1

Comezaremos realizando unha instalación nativa de Node.js.

Realiza os seguintes pasos:

  • Conéctate con VSC á máquina virtual a través de SSH.
  • Instala Node.js na máquina virtual.
  • Realiza unha captura coas versión de Node.js e npm.

Apartado 2

Creaemos un novo repositorio para realizar este proxecto con Node.js.

Realiza os seguintes pasos:

  • Se non tes unha, crea unha conta en GitHub.
  • Crea un novo repositorio chamado dapw-202 cun ficheiro README.md. Realiza unha captura da interface web co repositorio en GitHub.
  • Clona o repositorio na máquina virtual.
  • Preme na icona de ficheiros do menú da esquerda de Visual Studio Code. Preme en Abrir Carpeta. Selecciona o directorio onde clonaches o repositorio. Acepta tódalas mensaxes. Realiza unha captura da interface de VSC onde se vexan os ficheiros do repositorio e a terminal.

Apartado 3

Agora imos crear o novo proxecto de Node.js utilizando npm. Tamén instalaremos algún paquete e configuraremos correctamente o repositorio, ao igual que fixemos na práctica anterior.

Realiza os seguintes pasos:

  • Crea con npm init o ficheiro package.json. Non tes porque contestar a ningunha cuestión. Tan só o final tes que indicar que si que queres que se cree o ficheiro package.json.
  • Realiza captura do contido do ficheiro package.json.
  • Instala o paquete axios.
  • Abre o ficheiro package.json e package-lock.json e realiza capturas do contido destes ficheiros.
  • Realiza unha captura do contido do directorio node_modules.
  • Inclúe o directorio node_modules no .gitignore.
  • Realiza un commit e un push para subir o repositorio a GitHub.
  • Realiza unha captura do repositorio en GitHub que se vexa o contido deste.

Apartado 4

Axios é unha librería que nos permite realizar chamadas HTTP de xeito sinxelo. Utilízase moito para consumir API-REST. No seguinte script de Node.js facemos unha proba do funcionamento desta librería. Neste caso utilizaremos a API-REST de OpenMeteo que nos permite obter datos meteorolóxicos. O seguinte script fai unha petición de algúns destes datos para Santiago de Compostela.

index.js
import axios from 'axios';

const latitude = 42.88;
const longitude = -8.54;

const url = `https://api.open-meteo.com/v1/forecast?latitude=${latitude}&longitude=${longitude}&current_weather=true&timezone=auto`;

axios.get(url)
.then(response => {
const datos = response.data.current_weather;
console.log(`Cidade: Santiago de Compostela`);
console.log(`Temperatura: ${datos.temperature} °C`);
console.log(`Vento: ${datos.windspeed} km/h`);
console.log(`Dirección do vento: ${datos.winddirection}°`);
console.log(`Hora da medición: ${datos.time}`);
})
.catch(error => {
console.error('Erro ao facer a petición:', error.message);
});

Realiza os seguintes pasos:

  • Crea un ficheiro index.js co contido anterior.
  • Executa o script anterior co comando node index.js. Realiza capturas da saída da execución do script.
  • Realiza un commit e un push para subir o repositorio a GitHub.
  • Realiza unha captura do repositorio en GitHub que se vexa o contido deste.