Práctica 205. MariaDB nun contorno de desenvolvemento
Nesta práctica imos montar un servidor de base de datos de desenvolvemento con MariaDB.
Ademais de realizar toda a configuración, crearemos tanto un usuario de desenvolvemento como a súa respectiva base de datos. Veremos, tamén, un cliente gráfico co cal realizar operacións sobre a base de datos.
Nesta práctica imos facer todo na mesma máquina, pero tendo en conta que o ideal sería montar a base de datos noutra máquina e utilizar esa máquina tan só como servidor de base de datos.
Requisitos
- VirtualBox.
- Máquina virtual DAPW.
- Visual Studio Code.
- Conexión a Internet.
Apartado 1
Neste apartado imos instalar e configurar MariaDB.
Realiza os seguintes pasos:
- Instala MariaDB na máquina virtual.
- Realiza a configuración de seguridade. A
rootponlle o contrasinalabc123.. - Modifica a configuración de MariaDB para poder acceder desde calquera equipo.
Apartado 2
Crearemos unha base de datos de proba xunto a un usuario de desenvolvemento:
Realiza os seguintes pasos:
- Inicia sesión co cliente CLI de MariaDB co usuario
root. - Crea a base de datos de nome
probae dálle acceso ao usuarioiniciaiscon contrasinalabc123.. - Proba desde o terminal da propia máquina virtual a conexión á base de datos. Realiza capturas do correcto inicio de sesión con este usuario.
Apartado 3
Agora imos comprobar cun cliente externo de MariaDB que temos acceso desde fóra da máquina virtual. O noso cliente será unha extensión de Visual Studio Code.
Realiza os seguintes pasos:
- No Visual Studio Code do anfitrión, instala a extensión SQLTools e SQLTools MySQL/MariaDB/TiDB Driver. A primeira é o cliente e a segunda é o driver para conectarnos a MariaDB. Se queremos conectarnos a outro sistema xestor de base de datos, tan só debemos instalar o seu driver. A primeira extensión funciona do mesmo xeito.
- Preme na icona da barra esquerda de
SQLTools. - Preme en
Add New Connectione realiza a conexión. Realiza capturas da configuración que realizas para a conexión. Podes probar se está todo correcto premendo enTest Connection(para iso pedirá o contrasinal do usuario). Deberás indicar os seguintes datos:- Indicar un nome.
- En
Server addressindicas a dirección IP onde se atopa a base de datos. - En
Databaseindica o nome da base de datos. - En
usernameo nome de usuario de desenvolvemento con acceso a base de datos.
- Garda a conexión premendo en
Save Connection. - No menú da esquerda de
SQLToolsaparecerá a nova conexión co nome que indicamos. Preme nela para conectarte. - Unha vez conectado, nas iconas do apartado
Connections, preme no deNew SQL File. Abrirase un ficheiro no que podemos executar SQL. - Crea a táboa
usuariosco campoidcomo clave primaria e co camponomeque sexa texto. - Engade un usuario calquera.
- No apartado de
Connections, preme na conexión co botón dereito e preme enRefresh. - Preme no despregable da conexión para ver todas as táboas. Sobre a táboa
usuarios, pulsa na icona da lupa se pasas por encima co rato. - Realiza unha captura do contido da táboa.
- Pecha a conexión.