Saltar al contenido principal

Práctica 203. Reproducindo un contorno de desenvolvemento para PHP

Nesta práctica veremos como podemos reproducir o contorno de desenvolvemento para PHP dos nosos proxectos noutro equipo dun xeito rápido.


Requisitos


Apartado 1

Realiza os seguintes pasos:

  • Conéctate con Visual Studio Code á máquina virtual a través de SSH.
  • Sitúate no directorio home e executa o seguinte comando para borrar o proxecto da primeira prática: rm -rf dapw-201.

Imos clonar o repositorio desde GitLab e instalar todos os paquetes para ver que todo funciona correctamente.

Realiza os seguintes pasos:

  • Clona o repositorio dapw-201. A continuación, abre o directorio do repositorio en Visual Studio Code.
  • Comproba que non temos o directorio vendor. Realiza unha captura desta comprobación.
  • Utilizando Composer, instala todos os paquetes que necesita o proxecto para funcionar.
  • Realiza unha captura do contido do directorio vendor.

Apartado 2

Se nos fixamos no ficheiro composer.json, podemos observar que sempre se instalará unha versión maior á que se indica no ficheiro se existe. Polo tanto, imos facer as modificacións pertinentes para que sempre se instale a mesma versión.

Realiza os seguintes pasos:

  • Elimina o directorio vendor.
  • Modifica o ficheiro composer.json para que instale unha versión concreta dos paquetes instalados. Realiza unha captura do contido deste ficheiro.
  • Instala todos os paquetes que se indica no ficheiro composer.json. Deberíache saír unha mensaxe similar a seguinte:
    Verifying lock file contents can be installed on current platform.
    Warning: The lock file is not up to date with the latest changes in composer.json. You may be getting outdated dependencies. It is recommended that you run `composer update` or `composer update <package name>`.
  • Esta mensaxe indícanos que composer.json e composer.lock non están sincronizados. Se queremos sincronizalos teremos que executar o comando composer update.
  • Executa o script co seguinte comando php xerar_alumnos.php para ver que todo funciona correctamente. Realiza unha captura do ficheiro creado por este script.

Apartado 3

Para evitarnos problemas, no momento de instalar, xa podemos indicar a versión correcta que queremos.

Neste caso, imos instalar unha versión antiga do paquete friendsofphp/php-cs-fixer. Este paquete é unha ferramenta para formatear e corrixir o estilo do código PHP automaticamente. Ademais, é un paquete de desenvolvemento, polo que só debe ser instalado nese contorno (nunca se debe instalar nun contorno de produción).

Realiza os seguintes pasos:

  • Vai á páxina web de Composer. Pulsa en Browse Packages. E busca por php-cs-fixer. Entra na páxina do paquete que desexamos instalar.
  • Na parte dereita da web, podes observar as versións dispoñibles. Instala a penúltima. Realiza unha captura do comando utilizado para realizar esta instalación. Recorda utilizar a opción --dev para que só se instale nun contorno de desenvolvemento.
  • Realiza unha captura do contido do contido do ficheiro composer.json.
  • Realiza un commit e un push para subir o repositorio a GitLab.
  • Realiza unha captura do repositorio en GitLab que se vexa o contido deste.