Práctica 204. Reproducindo un contorno de desenvolvemento para Node.js
Nesta práctica veremos como podemos reproducir o contorno de desenvolvemento para Node.js dos nosos proxectos noutro equipo dun xeito rápido.
Requisitos
- VirtualBox.
- Máquina virtual DAPW.
- Mozilla Firefox.
- Visual Studio Code.
- GitHub.
- GitLab.
- Conexión a Internet.
Apartado 1
Nesta prática faremos algo parecido ao realizado na anterior, pero esta vez utilizando npm.
Realiza os seguintes pasos:
- Clona o repositorio
dapw-202. A continuación, abre o directorio do repositorio en Visual Studio Code. - Comproba que non temos o directorio
node_modules. Realiza unha captura desta comprobación. - Utilizando
npminstala todos os paquetes que necesita o proxecto para funcionar. - Realiza unha captura do contido do directorio
node_modules.
Apartado 2
Se comprobas o ficheiro package.json verás que non se indica unha versión concreta dos paquetes. Imos ver como podemos facer para modificar isto.
Realiza os seguintes pasos:
- Borra o directorio
node_modules. - Modifica o ficheiro
package.jsonpara que se instale unha versión concreta. Realiza unha captura do contido deste ficheiro. - Instala os paquetes que se indican no ficheiro
package.json. - Executa o comando
node index.jspara ver que todo funciona correctamente. Realiza capturas da saída da execución do script.
Apartado 3
A continuación, veremos como se instala un paquete de desenvolvemento nunha versión concreta. Neste caso, imos instalar o paquete eslint. Esta é unha ferramenta para analizar e corrixir automaticamente o estilo e os erros potenciais no teu código JavaScript.
Realiza os seguintes pasos:
- Vai á web de
npm. Busca o paqueteeslinte vaite a súa páxina ennpm. Preme na lapela deversions. - Instala a penúltima versión do paquete en modo desenvolvemento. Realiza captura do comando utilizado.
- Realiza unha captura do contido do ficheiro
packages.json. - Realiza un
commite unpushpara subir o repositorio a GitHub. - Realiza unha captura do repositorio en GitHub que se vexa o contido deste.
Apartado 4
Para finalizar, veremos cómo sincronizar o noso repositorio local con outro repositorio remoto adicional. Neste caso, temos xa un creado en GitHub e imos crear outro en GitLab.
Realiza os seguintes pasos:
- Crea un novo repositorio baleiro chamado
dapw-202. Este repositorio será unha copia dodapw-202que temos en GitHub. Realiza unha captura da interface web co proxecto en GitLab. - Dentro do repositorio local, engade como remoto o repositorio de GitLab.
- Realiza un
push. Realiza unha captura do proxecto en GitLab onde se vexa o contido deste.