Saltar al contenido principal

Host virtual baseado en nome

Para crear un novo ficheiro de configuración baleiro:

$ sudo touch /etc/apache2/sites-available/example.conf

Editamos o ficheiro:

$ sudo nano /etc/apache2/sites-available/example.conf

Para crear un host virtual baseado en nome (por exemplo, para o dominio example.local), temos que escribir o seguinte:

<VirtualHost *:80>
ServerName example.local
DocumentRoot /var/www/example/
</VirtualHost>
Alternativa: crear un ficheiro a partir dun ficheiro dun host virtual existente

Se non queremos escribir todas as directivas manualmente, outra maneira de crear un ficheiro de configuración novo é aproveitar un ficheiro de configuración doutro virtual host que xa exista. O que podemos facer é duplicar un ficheiro de configuración para tomar como base para despois realizar cambios. Para duplicalo, utilizamos o comando cp, o cal realiza unha copia do ficheiro:

$ sudo cp /etc/apache2/sites-available/000-default.conf /etc/apache2/sites-available/example.conf

Editamos o ficheiro:

$ sudo nano /etc/apache2/sites-available/example.conf

O contido do ficheiro será o de 000-default.conf. Temos que editalo para conseguir a configuración desexada:

<VirtualHost *:80>
# The ServerName directive sets the request scheme, hostname and port that
# the server uses to identify itself. This is used when creating
# redirection URLs. In the context of virtual hosts, the ServerName
# specifies what hostname must appear in the request's Host: header to
# match this virtual host. For the default virtual host (this file) this
# value is not decisive as it is used as a last resort host regardless.
# However, you must set it for any further virtual host explicitly.
ServerName example.local

#ServerAdmin webmaster@localhost
DocumentRoot /var/www/example

# Available loglevels: trace8, ..., trace1, debug, info, notice, warn,
# error, crit, alert, emerg.
# It is also possible to configure the loglevel for particular
# modules, e.g.
#LogLevel info ssl:warn

ErrorLog ${APACHE_LOG_DIR}/error.log
CustomLog ${APACHE_LOG_DIR}/access.log combined

# For most configuration files from conf-available/, which are
# enabled or disabled at a global level, it is possible to
# include a line for only one particular virtual host. For example the
# following line enables the CGI configuration for this host only
# after it has been globally disabled with "a2disconf".
#Include conf-available/serve-cgi-bin.conf
</VirtualHost>

# vim: syntax=apache ts=4 sw=4 sts=4 sr noet

Ao mesmo tempo, temos que crear o directorio onde se aloxarán os ficheiros do sitio web:

$ sudo mkdir /var/www/example

Para poder acceder ao novo host, é necesario habilitalo executando o seguinte comando:

$ sudo a2ensite example

Á hora de escribir o comando, temos que poñer example ou example.conf. O seguinte tamén sería válido:

$ sudo a2ensite example.conf

O último paso é reiniciar o servidor para aplicar os cambios:

$ sudo systemctl restart apache2

Configuración do cliente

Para poder acceder ao dominio example.local, temos que editar o ficheiro hosts da máquina desde a cal imos realizar a petición ao servidor web. Se imos acceder co navegador web desde a mesma máquina na cal temos instalado Apache Server, temos que editar o ficheiro hosts executando o seguinte comando:

$ sudo nano /etc/hosts 

Debemos engadir a seguinte liña:

127.0.0.1 example.local

O valor 127.0.0.1 é a dirección IP do equipo onde está o servidor web. Neste caso, é a propia máquina, pero se está noutro equipo, temos que indicar a dirección IP dese equipo.

Se accedemos a http://example.local, móstrase o seguinte: