Host virtual baseado en porto
Un host virtual baseado en porto (por exemplo, para o dominio example.local a través do porto 9000) pódese crear cun novo ficheiro de configuración (example-9000.conf) co seguinte contido:
<VirtualHost *:9000>
ServerName example.local
DocumentRoot /var/www/example-9000
</VirtualHost>
Ao mesmo tempo, temos que crear o directorio onde se aloxarán os ficheiros do sitio web:
$ sudo mkdir /var/www/example-9000
Tamén temos que editar o ficheiro /etc/apache2/ports.conf porque estamos utilizando un porto diferente ao predeterminado. Temos que engadir o seguinte:
# If you just change the port or add more ports here, you will likely also
# have to change the VirtualHost statement in
# /etc/apache2/sites-enabled/000-default.conf
Listen 80
Listen 9000 # Escoita no porto 9000
<IfModule ssl_module>
Listen 443
</IfModule>
<IfModule mod_gnutls.c>
Listen 443
</IfModule>
# vim: syntax=apache ts=4 sw=4 sts=4 sr noet
Unha vez realizado isto, activamos o host virtual:
$ sudo a2ensite example-9000
Saída do comando
$ sudo a2ensite example-9000
Enabling site example-9000.
To activate the new configuration, you need to run:
systemctl reload apache2
Por último, reiniciamos o servidor:
$ sudo systemctl restart apache2