GitHub Actions
No desenvolvemento web moderno, é habitual que os equipos necesiten executar certas tarefas de maneira repetitiva: probar o código, compilalo, xerar versións optimizadas, despregalo nun servidor, etc.
GitHub Actions é unha ferramenta que automatiza todas esas tarefas directamente desde o propio repositorio de GitHub. Permite crear fluxos de traballo (workflows) que se executan automaticamente cando ocorren determinados eventos no repositorio.
Dito de forma sinxela, GitHub Actions permite que GitHub traballe por ti: cada vez que ocorre algo (por exemplo, subir código, abrir unha pull request ou crear unha nova versión), GitHub pode executar automaticamente un conxunto de instrucións que ti defines.
Componentes principais
A continuación, preséntanse os principais compoñentes de GitHub Actions:
| Compoñente | Descrición | Exemplo |
|---|---|---|
| Workflow | Conxunto de tarefas automatizadas definidas nun ficheiro YAML dentro de .github/workflows/. | deploy.yml |
| Event | Un evento é unha actividade específica nun repositorio que inicia un workflow. | Un push, unha pull request. |
| Job | Un grupo de pasos que se executan na mesma máquina virtual. | build, test, deploy |
| Step | Acción individual dentro dun job. | Instalar dependencias, executar tests. |
| Action | Unidade reutilizable de código que realiza unha tarefa específica. | actions/checkout@v3 (clona o repo). |
| Runner | Máquina (Linux, Windows ou macOS) onde se executan os jobs. | runs-on: ubuntu-latest |

Exemplo visual do fluxo CI/CD con GitHub Actions: