Saltar al contenido principal

Workflows

Un workflow (fluxo de traballo) é o conxunto completo de accións que queres automatizar. Defínese nun ficheiro con formato YAML dentro do cartafol .github/workflows/ do repositorio.

Pensa nun workflow como nunha receita de cociña:

  • Ti decides cando se executa. Por exemplo, ao subir código á rama main ou ao crear unha nova versión.
  • Dentro desa receita defines que pasos debe seguir GitHub. Por exemplo, instalar dependencias, executar tests, despregar a aplicación.

Un repositorio pode ter varios workflows. Por exemplo:

  • ci.yml → para integración continua (comprobacións automáticas do código).
  • deploy.yml → para despregamento automático no servidor ou servizo web.

Exemplo visual da súa ubicación:

📁 .github/
└── 📁 workflows/
├── ci.yml
└── deploy.yml

Cada workflow actívase con eventos (events), como:

  • push: cando alguén sobe código.
  • pull_request: cando se crea ou se actualiza unha solicitude de cambios.
  • schedule: a unha hora concreta, como unha tarefa programada.
  • workflow_dispatch: execución manual desde a interface de GitHub.