Runners
Un runner é a máquina (física ou virtual) onde se executan os jobs dun workflow.
GitHub proporciona runners hospedados (hosted runners) con sistemas operativos preconfigurados:
ubuntu-latest→ Linuxwindows-latest→ Windowsmacos-latest→ macOS
Estes runners xa teñen ferramentas comúns instaladas (como Git, Node.js, Python, Docker, etc.), polo que non necesitas configuralas desde cero.
Tamén podes instalar os teus propios runners (self-hosted runners) se:
- Queres usar hardware ou sistemas personalizados.
- Necesitas máis potencia ou control sobre o entorno de execución.
Exemplo:
jobs:
build:
runs-on: ubuntu-latest
Neste caso, o job build executará nunha máquina virtual con Ubuntu configurada por GitHub.